jueves, 9 de diciembre de 2010

Recursos Educativos para os máis pequenos

Este blog recompila unha serie de recursos TIC xa existentes na rede para os alumnos de Educación Infantil. Coa súa creación pretendemos complementar o traballo diario das nosas aulas, facéndoo máis motivador e dinámico.

Tentaremos facer unha selección de enlaces a páxinas de xogos e actividades de diferentes contidos que contribúan ao desenvolvemento dos nenos e á súa aprendizaxe significativa.

Este espazo quere ser un punto de encontro de recursos, é dicir, pretendemos que sexa un blog aberto ás propostas de todas e todos. Esperamos que vos sexa unha ferramenta de axuda no voso día a día coas nenas e nenos.


MANEXO DO RATO
  • Nubes. - Para o inicio do movemento do rato. Hai que evitar que as nubes cubran a pantalla.
  • Xardín. - Para iniciarse co clic do rato. Ao facer clic aparecen flores no xardín.
  • Manequín. - Xogo para coordinar o clic co movemento do rato. Hai que mover o manequín.
  • Cazador de moscas. - Para traballar a direccionalidade e o clic co rato.
  • Boohbah. - Moita variedade de xogos para traballar co rato.
  • O formigueiro. - Traballa o clic e o arrastre co rato. Hai que levar a cada formigueiro un número determinado de formigas.


LECTOESCRITURA
  • Vogais. - Varios xogos para traballar as vogais.
  • Completar con maiúsculas. - Completar as palabras coa vogal ou consoante que falta.
  • Identificación de maiúsculas. - Xogo moi sinxelo de identificación das letras maiúsculas.
  • Maiúsculas. - Identificar o debuxo que comeza por cada letra. No nivel 4 hai que escribir palabras.
  • Completar contos. - Un complétase coas imaxes das palabras que faltan; o outro coa letra que falta; e no último hai que ordenar as sílabas da palabra correspondente.
  • Minúsculas. - Conxunto de xogos moi completo para o traballo da lectura e grafía las letras minúsculas e dos grupos consonánticos. 
  • Pandilla de letras. - Ampla gama de actividades coas letras. Presenta o abecedario, traballa as sílabas, os sons e ten moitos exercicios de diversas dificultades. (Ten unha parte dedicada aos alumnos e outra aos docentes).


LÓXICA MATEMÁTICA
  • Conceptos básicos. - Xogos variados que traballan os conceptos básicos: diante - detrás; aberto - pechado...
  • Figuras xeométricas. - Identificación de figuras xeométricas iguais a un modelo dado.
  • Coellos. - Percepción visual. Identificación de cada coello segundo a forma do seu contorno. (Vainos contando en inglés).
  • Regretas de Cuisenaire. - Todo tipo de actividades coas regretas e cos números. Tamén ten fichas para imprimir.
  • Ábaco. - Iniciación á utilización do ábaco.
  • Debuxos escondidos. - Identificación da serie numérica do 1 ao 26. Ao ir facendo clic nos números, fórmase un debuxo. 
  • Moedas. - Xogo moi sinxelo de sumar moedas.
  • Contar e sumar. - Xogo moi sinxelo para contar obxectos e facer sumas. 
  • Sumas dunha cifra. - Operacións de sumar cunha soa cifra.


XOGOS VARIADOS


MÚSICA
  • Educalandia - Dentro podes atopar numerosas actividades, pero destacamos o Bosque das actividades, onde hai moitos exercicios adicados á estimulación musical.
  • O Rincón da Música - Ondes tedes dende explicacións teóricas ata actividades prácticas e audicións.
  • Música - Nesta páxina hai moitos enlaces onde podemos traballar dende a percepción auditiva ata a danza e o movemento.